Feed portada celestes.org Últimas noticias

Arrancó la concentración en Melgaço

por javi_lopez, el Martes 29/07/08

En la tarde del lunes, y tras una semana de entrenamientos en Vigo, comenzó la concentración de pretemporada para los jugadores de Pepe Murcia en la localidad portuguesa de Megalço, como han venido haciendo los célticos durante los últimos años. Allí estarán los próximos diez días antes de retornar nuevamente a Vigo para afrontar la segunda mitad de la preparación antes del arranque liguero.

El plan de trabajo simultaneará días con dos sesiones de trabajo y jornadas con una sola, pero más intensa. También afrontarán durante estos días tres nuevos amistosos ante equipos lusos. El primero de ellos este jueves, a partir de las 22.00 horas, ante el Atlético Valdevez. Otra de las misiones para esta concentración es que se pueda ir haciendo un buen grupo y formando un vestuario compacto. Algo vital de cara a la temporada. A Portugal se desplazó toda la plantilla menos los apartados.

El sistema de juego
El dibujo del equipo que inicie la Liga dependerá de los futbolistas que finalmente conformen la plantilla. Faltan hombres en puestos esenciales, pues el equipo carece de volantes izquierdos y cuenta únicamente con Dani Abalo para el flanco diestro. El once de Portonovo se parecerá, por tanto, muy poco al que inicie la Liga frente al Girona. Murcia ha apostado de momento por un 4-4-2, primero con Ghilas y Perera y posteriormente con Iago Aspas y David Martínez. No obstante, en su anterior temporada en Segunda, al frente del Castellón, el técnico cordobés apostó, de forma inamovible, por jugar con un solo punta.

El rigor defensivo
Los buenos resultados no se entienden sin rigor defensivo o, como prefieren decir los entrenadores, sin equilibrio. Se trata, según ha explicado el propio Murcia, no de construir el juego desde la solidez defensiva, sino de que todo el equipo se aplique con intensidad en la defensa mediante el achique del espacio. La agresividad en la presión es una cuestión esencial para el técnico y así se lo ha hecho saber ya a sus jugadores.

La estrategia
Las jugadas de estrategia suelen marcar las diferencias en la Segunda División y se pondrá suma atención al cuidado de los detalles defensivos en este tipo de acciones. El nuevo técnico ha insistido en estos primeros días mucho en este aspecto, no siempre controlable y que puede crear dificultades el mejor de los equipos.

Protagonismo del balón
En esta primera semana de ensayos el balón ha tenido un protagonismo poco frecuente a estas alturas de la temporada. Murcia sostiene que rigor defensivo no es incompatible con el buen trato hacia el balón y pretende que la pelota esté siempre presente desde los primeros entrenamientos. Algunos de los ejercicios de estas primeras jornadas recuerdan, de hecho, a los que empleaba no hace mucho Víctor Fernández en aquel gran equipo que convirtió al Celta en referente de las buenas maneras futbolísticas.

Trashorras y Oubiña
A la espera del regreso de Oubiña, que empieza de cero y tiene un largo camino por delante hasta alcanzar su nivel óptimo de forma, el lucense está llamado, a convertirse en el cerebro del equipo. Ambos pueden formar un tándem extraordinariamente rentable, Oubiña como destructor del juego contrario; Trahorras como eje creativo del ataque. Nadie va a descubrir a estas alturas las virtudes del vigués, pero el talento del lucense para la organización del juego impresiona hasta en los entrenamientos.

El vestuario
El Celta fracasó el pasado curso en su intento de construir un grupo cohesionado. Las distintas sensibilidades del equipo, los tumbos del banquillo y la peligrosa deriva de los resultados acabaron por convertir el vestuario en una verbena en la que cada cual hacía la guerra por su cuenta. El Celta vuelve a empezar ahora de cero, pero este problema parece más atenuado, ya que apenas quedan supervivientes de la temporada del descenso, los que permanecen en nómina son casi todos de nueva hornada y (salvo en el incierto caso de Perera) están en el equipo por convicción.
Se aprecia, en este sentido, mayor voluntad de construir un grupo que el pasado año y también un vestuario, en su conjunto, más bregado. La experiencia y el conocimiento de la categoría es mayor y también lo deber ser el peso en el vestuario de algunas de las nuevas incorporaciones como Fajardo Edu Moya, pero sobre todo de futbolistas como Francisco Noguerol o Antonio Notario.

Las carencias
El equipo ha echado a andar con evidentes carencias en el medio campo, especialmente en la banda izquierda y esto supone un problema de considerable calado. El club mantiene abiertos varios frentes de negociación para tratar de cerrar cuanto antes alguna incorporación, pero está encontrando importantes dificultades para lograrlo.

Pretemporada (I) Portonovo

por Alejandro Martínez "TeRMi", el Sábado 26/07/08

portonovooo0-4seltá!

O Celta incia a pretempada cunha goleada fronte o Portonovo.
Nesta primeira proba, sobradamente sinxela para os celestes, púxose a carburar un equipo que, tendo en conta o cedo que é e o rival, dá boas impresións. O Celta dominou claramente de comezo a fin, aínda que os goles chegaron no segundo tempo.
A ver que dá de si o Celta nos seguintes envites fronte a rivais de maior entidade. Polo de agora, ben.

Portonovo 0: Moisés, Castilla, Alfonso, Fity, Úbeda, Jacinto, Suso Bea, Miguel, Iago, Álex e Curiel.

Celta 4: Notario, Fajardo, Peña, Noguerol, Richi, Rosada, Aicart, Ferrán, Ghilas, Mateo e Perera. Despois do minuto 45 sairon: Falcón, Edu Moya, Rubén, Víctor, Roberto Lago, Trashorras, Jonathan Vila, Dani Abalo, Iago Aspas, Aitor, David Rodríguez, Goran e Yoel.

Goles: 0-1. min.46: Aitor, chut potente dende a frontal; 0-2, min.61: Aitor de novo, asistido por David Rodríguez, de tiro raso; 0-3; min.69: Trashorras a placer tras unha boa combinación de Abalo e Aspas; 0-4, min, 85: Xogada, outra, de Aspas que asiste a Goran Maric que a mete case sen ángulo.

Árbitro: Arturo Díaz, comité galego.

Campo: O Baltar, 1000 espectadores.

Abel Aguilar

por Alejandro Martínez "TeRMi", el Sábado 26/07/08

O centrocampista, que tanto pode xogar na medular do campo coma de mediapunta polo centro, Abel Aguilar está na órbita do club celeste.
Este xogador colombiano, de 23 anos, pertence ó Udinese pero xa xogou fronte o Celta. Xa que na tempada 2006/07 foi cedido ó Xerez e tras o seu bo rendemento repetiu cesión na 2007/08.
Agora, na puxa por acadar a súa cesión, están como principais opcións o Celta e o Tenerife. Veremos quen se acaba levando ó prometedor xogador.

Por certo, este xogador xunto a Natalio, Pedro Vega e Jesús Mendoza completa os posibles catro futbolista que Ramón Martínez quería atar antes de ir a estancia en Melgaço, Portugal. Stage que comeza o día 28, é dicir, mañán.

Actualización: esta nova foi desmentida polo adestrador do RC Celta, Pepe Murcia. Polo tanto, Abel Aguilar neste intre non é de interese por club celeste.

Presentación do RC Celta

por Alejandro Martínez "TeRMi", el Jueves 24/07/08

O día 9 de agosto, arredor das 20.00h, terá lugar en Balaídos a presentación do RC Celta 2008/09. Nesta festa do celtismo actuarán Álvaro Costas & Hot Band, Eva Carreras, Por Placer etc.
Na festa dise que haberá moitas sorpresas. Unha delas coido que vai ser a presentación da nova segunda equipación. Polo que parece este ano non se vai cambiar a segunda equipación. Que sería o que toca. De entrada, mantéñense as dúas por mor do novo contrato que a empresa Umbro firmou co Celta.
Sexa como sexa, esta é unha ocasión ideal para mostrar apoio ó club dende o primeiro momento. Así que todos o sábado 9 a Balaídos. Hala Celta!

Os catro de Martínez. E xa van doce.

por Alejandro Martínez "TeRMi", el Miércoles 23/07/08

As primeiras catro fichaxes de Martínez non foron as esperadas, pero chegaron outras boas fichaxes. Algo similar aconteceu cas seguintes catro. Pero en xeral, levamos oito fichaxes que invitan ó optimismo.

Agora, o noso secretario técnico, que (todo hai que dicilo) mal non o está a facer, anuncia que virán catro fichaxes máis antes de que comece o stage portugués, en Melgaço.

Pouco se sabe destes catro homes, non creo que Lima sexa un deles. O que si creo é que Mendoza pode ser un deses homes. Xa sei que a cousa estaba imposible, pero máis difícil estivo David Rodríguez e xa viron onde acabou. Creo que Jesús Mendoza pode ser o lateral que nos falta. Sobretodo despois das declaracións nas que dixo que quere vir a Vigo. O Xerez arremeteu dicindo que non o valorarían coma alí. E Mendoza respondeu que non o valorarían coma alí, senón mellor. Que só hai que ver o contrato que lle ofreceu o Celta. A ver en que queda a cousa.

No apartado das baixas destaca a posible marcha de Guayre ó Numancia. Kresic quéreo, xa o adestrou no pasado e gustaríalle contar con el de novo.
Ademais, Lequi pode irse do Celta por medio dun ERE (expediente de regulación de empleo) ou quedarse cunha ficha considerablemente máis baixa.

E para rematar, Mouriño aclarou onte que a baixa de Canobbio non foi sen premio, o uruguaio mailo club pucelano tiveron que abonar un millón de euros que o Celta debía, polo que se pode dicir que o venderon por un millón.
Curioso xeito de ver as vendas, pero aí está o dato.
Unha dúbida: non dixeran que os problemas do tema Canobbio eran temas burocráticos e nada de débedas co Valencia ou con quen fora? Ui, ui, ui… Queremos as cousiñas claras!

Actualización: o Celta volve á carga por Natalio e aparece o nome de Pedro Vega. Vega pertence o Polideportivo Ejido, xoga de interior esquerdo e viría libre. Xa só nos falta saber un último nome.

Cidade de Vigo

por Alejandro Martínez "TeRMi", el Martes 22/07/08

Xa coñecemos día e rival para o Trofeo Cidade de Vigo deste verán.
O encontro será (obviamente) en Balaídos, e o rival do Celta vén de Holanda, nada máis e nada menos que o Sparta Rotterdam. O día: o 23 de agosto.

seltá!

Para o Quinocho, tamén temos rival dos Países Baixos. O equipo que se enfrontará o Celta nesta homenaxe é o AZ Alkmaar. Xogarase xusto unha semana antes do Cidade de Vigo, polo tanto o día 16.

seltá!!

Moito holandés, non? Isto cheira un pouco a mercadeo… Quen sabe se virá de aí algunha sorpresa en forma de boísima fichaxe!?

Sorteo da Copa do Rei.

por Alejandro Martínez "TeRMi", el Martes 22/07/08

Xa coñecemos o rival do RC Celta no torneo do KO. Será o recén ascendido á segunda, Alicante.

Alicante C.F. - R.C. Celta

No resto dos emparellamentos de Segunda División a cousa queda así:

Hércules C.F. - Levante U.D.
C.D. Castellón - S.D. Eibar.
Elche C.F. - Deportivo Alavés.
C.G. Tarragona - Girona F.C.
S.D. Huesca - Rayo Vallecano.
U.D. Salamanca - U.D. Las Palmas.
Real Sociedad - Real Zaragoza.
Xerez C.D. - Real Murcia C.F.
C.D. Tenerife - Córdoba C.F.
Exento: Albacete Balompié.

Destaca o partido entre a Real Sociedad e o Zaragoza e os derbis: Nástic - Girona e Hércules - Levante.

No tocante á Segunda División B e inferiores, fíxose o sorteo das rondas previas á dos equipos de segunda. Onde, atendendo ós equipos galegos, destacan os seguintes cruces:

Real Oviedo - Pontevedra C.F. que se enfrontará o vencedor do S.D. Ponferradina - R.C. Ferrol.

E o debut nesta competición da S.D. Ciudad Santiago fronte o Portugalete.

O partido do Celta será no Rico Pérez o día 3 de setembro (coma o resto dos clubs de Segunda) e o dos conxuntos da Segunda B o 27 de agosto.

Aínda así, isto pode cambiar. O feito de que Hércules e Alicante compartan estadio obrígaos a acordar datas dispares para realizar o encontro, polo que un dos dous non xogará o día tres de setembro. De comezo, elixiría o Hércules, dono do campo. Non está permitido que se xoguen dous partidos no mesmo estadio, día e competición.

Por último, Jose Carlos Granero, adestrador do Alicante, calificou o club celeste coma un rival de jerarquía y empaque.

David Rodríguez, novo dianteiro

por Alejandro Martínez "TeRMi", el Martes 22/07/08

Erguémonos no día de hoxe cunha moi boa sorpresa. David Rodríguez vén cedido ó RC Celta durante un ano. Por fin chega un ariete ó Celta de Vigo, esperemos que nos próximos días o xogador viaxe a Vigo para incorporarse canto antes á pretempada.
O xogador firmou polo Almería e o club andaluz tentou cedelo ó Numancia, finalmente recalou no club celeste. Polo de agora esta promesa do fútbol comparte posto con Perera que xuntos suman 29 goles na tempada pasada.

En breve iremos actualizando esta nova con máis detalles.

Interese en Lima

por Alejandro Martínez "TeRMi", el Domingo 20/07/08

Dende Sevilla cheganos a nova de que o RC Celta está interesado en Lima, xogador do Betis.
Este central brasileiro ten só 23 anos, potente no xogo aéreo parece unha boa peza para o eixe da zaga. É comunitario, por Italia, e aínda que non tivo unha boa tempada no seu debut no fútbol español, semella ser unha promesa que co paso dos anos e da experiencia (se non se lle trunca a progresión) pode chegar a ser un boísimo central. O seu aval son catro boas tempadas en Brasil, no Atlético Mineiro.
O problema da operación é que o futbolista non quere xogar na división de prata. Pero vendo que no Betis semella non ter sitio, pode cambiar de opinión.
Veremos que acontece.

Calendario da Segunda B

por Alejandro Martínez "TeRMi", el Viernes 18/07/08

Xa se coñece o calendario do Celta B.
Comezará a liga regular contra a Real Sociedad B e remataraa con outro vasco, en Sestao, fronte o Sestao River.

Os derbis xogaranse nas seguintes xornadas:

Xornada 5 e 24 contra o Pontevedra, primeiro en Vigo.
Xornada 6 e 25 contra o Fabril, a ida será na cidade herculina.
Xornada 14 e 33 contra o Lugo, de entrada no Anxo Carro.
Xornada 15 e 34 contra o Cidade de Santiago, na capital xógase o partido de volta.
Xornada 16 e 35 contra o Rácing, a cidade departamental acollerá o primeiro encontro.

Páginas: 1 2 3 ... 407