Ghana impúxose á selección de Nixeria (2-1) cun xogador menos. O gol de Aiyegbeni, no minuto trinta e cinco, foi remontado con goles de Essien no desconto do primeiro tempo, nunha xogada de Quincy, e Agogo no minuto 83. O central de Ghana, Mensah, foi expulsado no minuto cincuenta e nove, cando ían 1-1. Quincy foi substituído no minuto 74 por Dramani.

Ghana pasa á seguinte ronda, semifinais, onde se enfrontará o gañador do Túnez - Camerún que se disputa mañá.

Quincy amplía a súa aventura africana, alomenos, ata o día 7 de febreiro.