Fíxose esperar, pero Quincy, o noso representante na Copa África de Nacións, acadou un gol coa súa selección. Quincy, que colleu o balón á altura dos tres cuartos do campo, foise dos defensores marfileños para así chegar preto á porta e fundir o balón cun potente chut. Este gol sería o do comezo da remontada local. Finalmente a selección ghanesa gañou por 4-2. O conxunto anfitrión remata terceiro.

Ademais de ser o único partido no que marcou, tamén é o primeiro no que non é titular. Aínda así saiu cedo, no minuto vinte do primeiro tempo, e xogou de dianteiro.

Quincy, estámoste esperando, volve pronto, xa!