Pretemporada (V) Celta 0 - Numancia 0
0-0
Primeiro partido do Celta nesta pretemporada no que os celestes non conseguen anotar un gol no tempo regramentario. Segundo empate consecutivo e tamén segunda victoria seguida dende o punto de penalti.
O partido comezou animado, voluntarioso. Os dous equipos foron moi sólidos, un partido moi activo con moita forza no medio do campo, moito toque. Coma se estiveran cocendo unha xogada a lume lento. O malo: as escasas chegadas a porta. As poucas foron a prol do Celta e non con moito perigo.
Xa no segundo tempo os celestes saíron cunha marcha máis e foron a polo partido. Co paso do tempo foise equilibrando outra vez ata o final do encontro. Empate a cero. Murcia comeza a perfilar o once que será o titular, que aínda lle falta acoplamento. E o Celta que segue imbatido.
Xa na tanda de penaltis, o Celta impúxose por 5 a 4. Anotaron polos celestes: Trashorras, Perera, Fajardo, Dani Abalo e Roberto Lago.
R.C.CELTA: Notario, Fajardo, Rubén, Noguerol, Roberto Lago, Dani Abalo, Trashorras, Rosada, Danilo (Vila, min.72), Ghilas (Perera, min.82) e David.
C.D. NUMANCIA: Juan Pablo, Juanra, Palacios, Boris, Cisma (Bellvis, min.73) Nagore, Moreno (Dimas, min.81), Mario, Álvaro Antón (Quero, min.66), Barkero (Platero, min.73) e Brit
ÁRBITRO: Julio Amoedo Chas, comité galego.
PENALTIS: polo Celta marcaron Trashorras, Perera, Fajardo, Dani Abalo, Roberto Lago. Polo Numancia Dimas, Bellvis, Mario e Quero.
CAMPO: Estadio de Balaídos.
Nota: o Celta B impúxose nun triangular co Portonovo e co Ourense, equipos da Terceira División. En breve ampliaremos a nova.

Deja tu comentario
Podrás editar tu comentario hasta 10 minutos después de su publicación.