Pretemporada (II) Atlético Valdevez - Celta
0-1
O Celta gaña o primeiro dos tres partidos que xoga en Melgaço, e o segundo da pretemporada.
Despois da victoria por catro tantos ante o Portonovo, o Celta resolve o seu segundo partido cun gol da recente fichaxe, David Rodríguez. O gol produciuse tras unha xenial xogada pola banda dereita de Abalo, culmina a súa participación na xogada cun moi bo centro que aproveita David Rodríguez. O ex dianteiro do Salamanca, anotaría o gol de remate de cabeza.
O partido no primeiro tempo foi algo tosco, romo en ataque e, por intres, aburrido. No segundo periodo o RC Celta meteu unha marcha máis, creou moito máis xogo, abriu ocos, dominou. E así foi como acabou levándose o encontro.
At. Valdevez: Víctor Nuno, Cara, Sergio, Maciel, Daniel, Carlos Miguel, Rafa, Amaral, David, Diego e Techo. Sairían despois do descanso: Marafona, Bruno, Polisel, Nuno, Edson, Pasto, Cleber, Marquinho, Vedson e Filipe.
R.C.Celta: Falcón, Edu Moya, Rubén, Noguerol, Roberto Lago, Jonathan Vila, Pepe Aicart, Ferrán, Iago Aspas, Aitor e Perera. Sairían despois do descanso: Notario, Fajardo, Trashorras, Rosada, Ghilas, Michu, Dani Abalo e David Rodríguez. Máis tarde saiu Peña
Goles: 0-1 min. 83 David Rodríguez.
Árbitro: Fernando Gonçalves.
Campo: Estadio de Melgaço, arredor de 300 espectadores
O próximo partido, o martes día 5, en Melgaço fronte o Ribeirão.

