O día 9 de agosto, arredor das 20.00h, terá lugar en Balaídos a presentación do RC Celta 2008/09. Nesta festa do celtismo actuarán Álvaro Costas & Hot Band, Eva Carreras, Por Placer etc.
Na festa dise que haberá moitas sorpresas. Unha delas coido que vai ser a presentación da nova segunda equipación. Polo que parece este ano non se vai cambiar a segunda equipación. Que sería o que toca. De entrada, mantéñense as dúas por mor do novo contrato que a empresa Umbro firmou co Celta.
Sexa como sexa, esta é unha ocasión ideal para mostrar apoio ó club dende o primeiro momento. Así que todos o sábado 9 a Balaídos. Hala Celta!