Co inicio da tempada chega de novo “Corazón celeste”, a sección que levan Rouquinho_volve e máis ell0k0, con visións diferentes que aportan pluralidade ao Flog do Celta. Benvidos, compañeiros.

Pois xa estamos aquí!!!Xa comezou a tempada, xa estamos en setembro e en breve voltarán as clases dos estudantes e a vida retomará o seu pulso máis ou menos cotián… Como tódolos anos, empezou tamén o fútbol, e o Celta, o noso Celta comezou a que é a súa cuarta andaina de xeito consecutivo pola segunda división. E si… pasou a primeira xornada cunha derrota, da que nos debiamos recuperar rápido porque só catro días despois tinhamos o partido da Segunda Rolda de Copa.

A verdade é que non empezamos nada ben, porque, malia que as sensacións foron boas, tamén o foran na época de Eusebio e o seu preciosista xogo de toque e posesión. Sen embargo, as diferencias ficaron claras desde un primeiro momento, o novo Celta xa non elabora tanto as xogadas e é moito máis vertical, especialmente na zona de 3/4, e de aí abrollaron as ocasións. Temos xogadores moi verticais e con moita facilidade para chegar arriba ao contragolpe. Non só David, senon tamén De Lucas, un Dani Abalo (ou David Ávalos, segundo quen comente) que comezou a tempada enrachado, Iago Aspas, Papadopoulos (algun día ha terminar a súa mala sorte) ou mesmo o noso máximo goleador da tempada pasada, Trashorras.

Non tivemos sorte no partido inagural da Liga, e tampouco a tivemos en Alcorcón, no noso debú na Copa. Certo é que en Alcorcón xogamos sen os nosos mellores homes, que o campo estaba fatal e que os locais apretaron o seu, pero tamén é certo que marcamos dous goles, fomos case que todo o partido por diante e, na segunda metade (non así na primeira) tivemos o partido controlado en todo momento… Até o erro de Catalá que supuxo o empate! Iso si… A perda de cabeza colectiva da prórroga non se debe consentir. Non podemos perder dous xogadores no campo e outros dous no banco por protestar porque os xogadores se descentran. E con 9, e despois de loitar durante 120 minutos e de que che empaten no 90, é moi difícil facer un gol baixo o diluvio universal… Que nolo digan aos espectadores!!!

E finalmente, este último partido. Mesmas senhas de identidade, e volta dos xogadores presuntamente titulares (menos a sorpresa para min inxusta da suplencia de Túñez en favor de Vila) e… esta vez entraron os goles!!! No minuto 24, xa ganhabamos 0-3 e facendo un fútbol verdadeiramente primoroso. Na segunda metade, o mesmo control que na segunda parte de Alcorcón, coa particulariedade que o marcador era bastante máis amplo e no existía a tensión de que un erro, como ocorrera en Alcorcón, podía dar ao traste co resultado. E de feito houbo ocasións de amplia-la goleada tamén na reanudación, un man a man de De Lucas, un disparo de Álex (enorme futbolista, por certo) que se foi ao pau e… Finalmente chegou o gol no último minuto (ollo con este tema, levamos encaixados 4 goles nos últimos minutos) por outro erro de Catalá ao tirar o fóra de xogo.

Agora resultará que se “castigará” a Túñez coa suplencia polo erro contra o Barça B que custou o primeiro gol no partido do pasado sábado, pero non se fará o mesmo con Catalá polo mesmo erro en dous partidos consecutivos… E un deles custou a eliminación copeira!!! Coido que Túñez é un grandísimo xogador, e ten un futuro por diante enorme. É o noso mellor central, o máis completo con moita diferenza e ten que ser a nosa referencia atrás. Non entendo porque non pode xogar con Catalá, pero semella que esa é a intención de Herrera. De tódolos xeitos, ogallá as cousas saian coma neste partido de Soria, e non tenhamos que dicir nada da defensa, pero Túñez debe formar parte dela… Isto acaba de comezar!!!

SEMPRE CELTA

publicado en http://www.fotolog.com/celta_vigo/75977387