Na procura de gol
Diego Costa, Quincy e Okkas xa abandonaron o Celta (ademais de Núñez, seguramente Canobbio e Jorge). Perera pode facelo en breve debido á suculenta oferta do Sporting, e Goran Maric, tras ser rexeitado no comezo da segunda volta por Ramón Martínez, pode ir a Vitoria ou a Vallecas. Quince do pacense e vinteún do “serbio-vigués”. Polo tanto, trinta e seis goles que marchan de Vigo. E o Celta queda sen dianteiros, quizais o único gol podémolo atopar en Trashorras, pero non é para nada suficiente. Fan falta arietes, xogadores de banda, mediapuntas e recambios para estes.
Natalio pode ser unha das fichaxes para a zona alta do campo, pero antóllase difícil. Tamén difícil, pero moi boa opción, sería Jonathan Soriano do Espanyol e máis fácil pero que non gusta tanto é a de Nano, do Cádiz. Pero isto todo, máis ou menos sabíamolo. O que non sabíamos era que, David Rodríguez dianteiro centro do Salamanca, parece que esta moi moi cerca de fichar polo Celta. Foi unha petición de Pepe Murcia.
Ramón Martínez está agora a traballar especialmente na parte ofensiva. E probablemente, Dani Abalo será o xogador do Turista que se convirta en xogador do primeiro equipo a tódolos efectos para a próxima tempada.
Veremos que acontece nos vindeiros días.



Deja tu comentario
Podrás editar tu comentario hasta 10 minutos después de su publicación.