Cando parecía que o tema da zona defensiva xa estaba case rematado, sae esta nova: o club non conta con George Lucas e invítao a irse do club. Esta saída implica que na banda dereita xogarán Moya e Fajardo, polo tanto hai que fichar para a banda esquerda. O club tentará unha última ofensiva por Mendoza ou por reter a Agus. Julián Vara descartado totalmente. No apartado dos centrais parece que se conta con Jonathan Vila, que xunto con Rubén, Noguerol e Peña completa o eixe da zaga. Na portería, o club ultima a fichaxe de Notario, que pode ser un das dúas fichaxes das que se falaba onte.

No apartado de saídas espérase a marcha de Lequi ó Recreativo. Ademais, Antonio Guayre e o RC Celta negocian unha rescinsión do seu contrato.

Por Certo, Güiza ficha polo Fenerbahçe polo que a saída de Trejo complícase.