Lolo, nova incorporación.
Finalmente o central do Sevilla foi o elixido para completar o eixe da zaga. Que pasa con Lequi que finalmente non se marcha?
Como xa comentara noutros posts, este futbolista xa deu todo o que tiña que dar no Sevilla Atlético, que non é pouco. Subía de vez en cando ó primeiro equipo, onde debutou en Liga e Champions. Un central moi seguro, aproveita moi ben os 1′82m de altura. Central algo goleador, xa que acostuma subir en canto pode, sobretodo rematando corners.
Vén cedido por unha tempada, e aínda que non ten sitio no primeiro equipo do Sevilla, é un central moi válido para segunda. Sobretodo se temos en conta que en agosto cumpre 24 anos e aínda pode dar un salto de calidade importante. De feito, o actual adestrador do Sevilla, Manuel Jiménez, confía moito neste rapaz e está seguro de que tarde ou cedo terá sitio no Sevilla, onde poderá ser un central de referencia. O tempo dirá, o único que nos interesa, por agora, é que faga unha boa tempada en Vigo.
Con esta fichaxe, ó equipo fáltanlle unhas sete incorporacións: un porteiro, un lateral esquerdo, tres centrocampistas e dous dianteiros. Tendo en conta, sempre, que Perera, Canobbio, Lequi, Lucas, Guayre e Roberto de Souza non siguen ou non contan.
Falando de posibles altas, temos a Tuni e a Víctor Casadesús con moitas posibilidades, ó igual que o porteiro Notario. Os tres están moi cerca do Celta. Trejo está case descartado, conta para Manzano finalmente.
Polo de agora o equipo vai así:
Portería: Falcón e ¿Notario?
Lateral esquerdo: Roberto Lago e ¿Mendoza, Antunes?
Centrais: Rubén, Peña, Noguerol e Lolo (Sobra Lequi)
Lateral dereito: Moya e Fajardo (Sobra Lucas)
Mediocentros: Michu, Rosada, Vila e Oubiña. (Sobra De Souza)
Mediapunta esquerdo: Ghilas e ¿Tuni?
Mediapunta central: Trashorras e ¿? (Sobra Canobbio)
Mediapunta dereito: Abalo e ¿?
Dianteiros: ¿Víctor Casadesús? e ¿? (Son duda Perera e Guayre)


Deja tu comentario
Podrás editar tu comentario hasta 10 minutos después de su publicación.