Ghilas ficha polo Celta
O Celta ficha o franco-arxelino, Kamel F. Ghilas. Procede do Vitoria de Guimarães, onde foi un dos principais artífices do glorioso bienio que viviu o conxunto portugués (ascenso no primeiro ano e, no segundo, clasificación para Champions League). Este xogador atacante, actúa pola banda esquerda e pode xogar dende a medular do campo ata de ariete. Moi polivalente. É novo (24 anos), ten moito gol e é unha firme promesa do fútbol. De feito o Arsenal estivo tentando a súa fichaxe. Finalmente, quedouse en Vigo.
Lonxe de elucubracións miñas, o usuario Agulla informanos de que a fichaxe ven libre polo que o traspaso foi gratuíto, o soldo é de 300.000€ e vén por tres tempadas.
Ademais, Tena alónxase un pouco do RC Celta. Di que prefire a oferta do Rayo. Polo tanto, Lolo gaña enteiros para fichar polo Celta. Ademais, o xogador non vería mal xogar en Vigo.
No referente ás saídas, a fichaxe de Canobbio polo Valladolid pode verse frustrada. As elevadas pretensións celestes (que Canobbio ou o Valladolid paguen a débeda do Celta co Valencia, ou gran parte dela) e a fichaxe de Escudero polo club pucelano son os motivos da posible ruptura nas negociacións.
E finalmente: os movementos no plantel celeste estanse ralentizado. Conxeláronse un pouco as negociacións debido á nova situación administrativa e económica do club. De tódolos xeitos, estase a recuperar a normalidade e espérase cerrar as frontes abertas nos próximos días.
PD: unha aclaración. O central que fichou o Nástic é Manuel Yedra Cobo “Lolo Yedra”. Xogador do Sevilla B non titular. E o Celta quere fichar a “Lolo” Manuel Ortiz Toribio. Xogador titular indiscutible do filial hispalense que debutou co primeiro equipo en Liga e Champions. Capitán do filial, quedóuselle pequeno. Non ten sitio no primeiro equipo e está transferible. O seu destino pode ser Vigo. Na miña opinión, parece que é unha moi boa fichaxe.



Deja tu comentario
Podrás editar tu comentario hasta 10 minutos después de su publicación.