Fajardo, o novo home do Celta
Cando parecía que marchaba un uruguaio, Canobbio, o Celta ficha a outro: o veterano lateral dereito Fernando J. Fajardo Trías. Pode xogar tamén no lateral esquerdo, ten 33 anos recén cumpridos e antes de fichar polo Elche, no 2006, só xogara en Sudamérica. Non ocupará plaza de estranxeiro xa que ten pasaporte comunitario. É internacional coa selección uruguaia.
Unha aposta un tanto arriscada, o xogador vai algo vello, pero non está tan mal vendo o rendemento nas dúas últimas tempadas en Elche, o moito que o quere a bancada e a situación do mercado e do Celta. Semella un bo home de recambio.
Con esta alta parece que as bandas da defensa xa están cubertas. Ramón Martínez dixo de fichar só a dous homes por posición, e nos laterias temos a Lucas, Moya, Lago e Fajardo. Agora para completar a zona defensiva fáltanos un porteiro e un central, sobretodo se temos en conta que Lequi está por fichar polo Recreativo de Huelva.



Deja tu comentario
Podrás editar tu comentario hasta 10 minutos después de su publicación.