De catro en catro
Ramón Martínez volve á carga con catro novas incorporacións, que según el están próximas a fichar polo Celta, tres delas veñen dende as Illas Baleares, do RCD Mallorca. Tuni, nado en Sóller, xogador da casa que actúa coma mediapunta central. Víctor Casadesús, que acaba de realizar unha boa segunda volta cedido na Real Sociedad. Tamén da canteira balear, pode xogar coma ariete ou coma segundo punta. E Trejo, arxentino da factoría inesgotable do Boca Juniors. Dianteiro centro que pode xogar na banda dereita, bo dianteiro que non contou con moitos minutos debido á competencia de xogadores coma Güiza, Arango ou Webó. O mesmo lle aconteceu a Víctor, que perdeu o posto titular na pasada campaña. O caso de Tuni é distinto, contaba moito para Cúper, onde era habitual no once titular. Pero o regreso de Manzano ó cadro balear, adestrador que lle deu a oportunidade en primeira, relegouno ó banco de suplentes. Sexa o que sexa, o caso é que estes xogadores non contan para o Mallorca. E estáselle a buscar saída, unha triple cesión Mallorca-Vigo é unha opción moi a ter en conta, xa que, repito, Ramón Martínez di que estes tres están moi preto de vestir a camiseta celeste. E nun plazo máximo de dez días pode estar todo resolto.
E non nos esquezamos do cuarto home, tamén preto de acabar en Vigo, este non ven de Mallorca pero si cerca de alí, e da Segunda División, concretamente do Murcia. Adrián Martín é o nome, interior esquerdo a súa posición e cesión o modo de fichalo. Xogador que pasou polo Xerez e Murcia despois de deixar a canteira do Real Madrid. Prometía moito pero a súa progresión freou nas últimas tempadas, esperemos que de vir a Vigo dea o salto final para convertirse nun gran futbolista.
Noutra orde de cousas, o Celta parece que vai desistir coa fichaxe de Mendoza, non se vai regalar a Perera, Lequi está cada vez máis preto do Recreativo de Huelva e Sergio, porteiro do Celta B, convértese no principal rival de Abalo para ser quen suba do filial ó primeiro equipo. E digo eu, se os dous son válidos, por que non subir os dous ó primeiro equipo?



Deja tu comentario
Podrás editar tu comentario hasta 10 minutos después de su publicación.