Xa coñecemos día e rival para o Trofeo Cidade de Vigo deste verán.
O encontro será (obviamente) en Balaídos, e o rival do Celta vén de Holanda, nada máis e nada menos que o Sparta Rotterdam. O día: o 23 de agosto.

seltá!

Para o Quinocho, tamén temos rival dos Países Baixos. O equipo que se enfrontará o Celta nesta homenaxe é o AZ Alkmaar. Xogarase xusto unha semana antes do Cidade de Vigo, polo tanto o día 16.

seltá!!

Moito holandés, non? Isto cheira un pouco a mercadeo… Quen sabe se virá de aí algunha sorpresa en forma de boísima fichaxe!?