Canobbio por Capdevila e A. Antón
Na noite de onte só era un rumor, agora mesmo xa é un feito: o Valladolid está moi moi interesado en contratar a “La Lámpara”, Nestor Fabián Canobbio. O conxunto pucelano quería pescar nese río revolto que é o Celta e a Lei Concursal. Pero dende Vigo dixéronlle que nanai, que Canobbio hai que pagalo. Interesa largalo (ten unha ficha moi alta) pero non a calquera prezo. Concretamente, o prezo que lle marcaron en Casa Celta (según rumores xa confirmados pola Radio Galega) é Capdevila e Álvaro Antón.
Álvaro Antón, de Burgos, actúa pola banda dereita e de enganche na mediapunta. No Valladolid, en segunda, non destacou moito. Pero nesta tempada, na segunda volta, no Rácing de Ferrol, fixo unha excelente tempada. Xunto a Pereira foi un dos mellores do club departamental. O mellor da segunda volta. Na opinión dun servidor: se é o Álvaro Antón de Ferrol, un moi bo acerto.
Capdevila xa o fomos coñecendo o longo destes días, xoga de interior esquerdo e xa era pretendido polo Celta. E en Capdevila atopamos o problema da operación: Capdevila está moi preto do Murcia. E isto pode estropear está transferencia de xogadores ó completo.
Por certo, o que non está claro é, no caso de vir, se os xogadores serán propiedade do Celta ou cedidos.
Actualización: parece que R. Martínez falou con Canobbio e existe a posibilidade de que se marche ó Valladolid coa carta de liberdade. A cambio disto, debería condonar a débeda que ten o Celta con el, fáltanlle uns honorarios por cobrar, ó igual que pasou con Esteban. Este feito podería desbaratar toda a operación, xa que Canobbio ten pactados tres anos de contrato co Valladolid. Ademais sería un dos mellores pagados no plantel pucelano.



Deja tu comentario
Podrás editar tu comentario hasta 10 minutos después de su publicación.