Admitido o concurso de acreedores do Celta
O xulgado número un do mercantil de Pontevedra xa admitiu o trámite do RC Celta para entrar na Lei Concursal.
Os tres administradores (un avogado, un auditor e un economista) permanecerán no anonimato de momento. Aínda non sabemos os seus nomes pero si a súa labor: terán dous meses máis un prorroglable para realizar o dictamen da situación celeste. Sabendo que o mes de agosto non se contabiliza, o prazo remata en novembro.
E logo que? A partir de aí establecese un calendario de acreedores que o RC Celta deberá cumprir á perfección para evitar problemas. Con este “pago ralentizado” téntase sanear mellor as contas. Ademais espérase a inxección de doce millóns de euros que fará Mouriño e que chegue a bo porto as negociacións entre o club e a entidade financiera galega, Caixanova.
Entramos na Concursal amigos, vida austera e de poucos despilfarros. Iso si, pode haber máis despidos gracias á Concursal, alá onde se observe unha área superpoboada de traballores.



Deja tu comentario
Podrás editar tu comentario hasta 10 minutos después de su publicación.