Coma era de esperar, a selección galega xogará o vindeiro mes de decembro no Estadio Municipal de Balaídos, ou o que é o mesmo: o estadio do Celta.
Según informa o Atlántico Diario, este encontro poderá ter lugar ou o día 26, ou pola contra, o día 30 de decembro.

Outro dato a destacar é que o rival seguramente sexa africano, de ser así, con case toda probabilidade será a selección de Angola ou Costa de Marfil.

ACTUALIZACIÓN:
según o xornal La Voz de Galicia, o día 26 será con case toda seguridade o día do encontro, no tocante á selección rival tamén fálase de Nixeria. Ademáis, falouse da posibilidade de que a selección rival non sexa africana. O que non vai ser é outra autonómica.