Semella que hai un parón nas altas e baixas do club. Moitos nomes soan para reforzar o actual plantel. Murcia insiste en que o carril esquerdo é a prioridade agora mesmo para contratar xogadores.
Ata fai uns días gañaba enteiros a opción de Capdevila, o xogador do Valladolid estaba apartado ata onte da pretempada do equipo. […]
Estás navegando en los archivos de la categoría Mercadeo
Interior esquerdo, a prioridade
Pedro Vega e M. Valiente non virán. Aspas posible “fichaxe”
Pedro Vega, xogador do Poli Ejido que pretendía o RC Celta, acaba de fichar polo Levante. Escápase así, outra boa opción de fichar un xogador de ataque.
E igual a cousa non queda así, xa que parece que Carmelo está moi próximo a fichar polo Sporting de Gijón, esperamos a ver que decide finalmente o xogador.
No […]
Abel Aguilar
O centrocampista, que tanto pode xogar na medular do campo coma de mediapunta polo centro, Abel Aguilar está na órbita do club celeste.
Este xogador colombiano, de 23 anos, pertence ó Udinese pero xa xogou fronte o Celta. Xa que na tempada 2006/07 foi cedido ó Xerez e tras o seu bo rendemento repetiu cesión na […]
Os catro de Martínez. E xa van doce.
As primeiras catro fichaxes de Martínez non foron as esperadas, pero chegaron outras boas fichaxes. Algo similar aconteceu cas seguintes catro. Pero en xeral, levamos oito fichaxes que invitan ó optimismo.
Agora, o noso secretario técnico, que (todo hai que dicilo) mal non o está a facer, anuncia que virán catro fichaxes máis antes de que […]
David Rodríguez, novo dianteiro
Erguémonos no día de hoxe cunha moi boa sorpresa. David Rodríguez vén cedido ó RC Celta durante un ano. Por fin chega un ariete ó Celta de Vigo, esperemos que nos próximos días o xogador viaxe a Vigo para incorporarse canto antes á pretempada.
O xogador firmou polo Almería e o club andaluz tentou cedelo ó […]
Interese en Lima
Dende Sevilla cheganos a nova de que o RC Celta está interesado en Lima, xogador do Betis.
Este central brasileiro ten só 23 anos, potente no xogo aéreo parece unha boa peza para o eixe da zaga. É comunitario, por Italia, e aínda que non tivo unha boa tempada no seu debut no fútbol español, semella […]
“Pájara” mercantil
Tuni estaba a un paso de fichar polo Celta, cedido durante un ano. O club bermellón, o Mallorca, ó que pertence animouno incluso a vir a Vigo.
Lolo, central do Sevilla, estaba case fichado tamén, varios medios incluso aseguraron a fichaxe.
Tena, outro central que tamén ía recalar en Vigo (se fallaba opción de Lolo).
Tuni firmou co […]
Operación saída (II)
No apartado de saídas temos unha boa nova: xa rematou o culebrón Canobbio. O xogador xa é blanquivioleta. Ademais, séguese buscando saída para Souza. Lucas parece que irá cedido a Brasil. Espérase rematar xa cos outros culebróns das saídas: o Caso Guayre e a marcha de Perera. O Celta pretende que o extremeño marche a […]
Tininho na axenda
Miguel Angelo Karim Simões Fazenda, Tininho, lateral esquerdo do West Bromwich Albion, está na axenda celeste para reforzar a defensa. Como xa sabedes, a fichaxe de Lolo foi un fiasco, polo que tamén faría falta un central e largar a Lucas para xa completar a defensa. Para o posto de central volve a soar Tena.
Tininho, […]
Operación saída
Ramón Martínez desminte que o problema da saída de Canobbio é a débeda que mantén o Celta co Valencia. Senón que son problemas burocráticos debido á situación de concurso na que se atopa a entidade celeste. Martínez asegura a marcha de Canobbio en breve.
O porteiro do Celta B, Sergio, deixa o filial celeste. Finalmente non […]
